José Cao Lata


Categoría: Escultor
Fecha de Nacimiento: 1931
Lugar de Nacimiento: Lanzá (Concello de Mesía)
 Currículum

Estuda na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo especializándose no traballo en pedra.

Primeiro premio na sección de escultura do I Concurso de Pintura e Escultura de Deputación de A Coruña, no ano 1959.

É discípulo e traballa no taller de Asorey.

Preséntase ás probas de ingreso na Escola de Artes de Valencia. superando o acceso e fórmase a distancia durante dous anos, nos que supera varias materias, pero o falecemento inesperado de Asorey en xullo de 1961 cambiará o curso dos acontecementos.

Vicisitudes, relacionadas coa expropiación dos terreos que mercara para casa e taller, obrígano a emigrar e espertan nel unha sensibilización especial a respecto das inxustizas sociais e o atropelo das autoridades e as clases poderosas.

En 1965, viaxa dende Reino Unido, requirido para realizar unha copia en pedra da estatua “A Naiciña” de Asoreypara colocar en Cambados como homenaxe a este escultor. Ao regresar, en agradecemento polo permiso concedido para viaxar a España, dóalle ao QueenMary’s Hospital for Children un busto de SirWinstonChurchill, feito que se recolle nos medios de comunicación.

Ao retornar da emigración, realiza tallas de madeira de apóstolos e virxes que comercializa en Barcelona e tamén traballa no taller de esculturas Castelo, na Picaraña.

Posteriormente establécese pola súa conta nas proximidades do Monte do Gozo onde continúa co taller, que ao tempo realiza a función de exposición permanente.

Profesor en Escolas Obradoiro e en cursos do INEM e de diferentes concellos.

 Obras realizadas

Obras:

Traballa especialmente en madeira e pedra.

A partir dos 70 executa unha extensa colección de obras e vai desenvolvendo un estilo moi persoal baseado na realización de esculturas dunha tipoloxía fortemente vinculada coa tradición galega da talla en pedra (cruceiros, carros, fontes, obras abstractas baseadas en pedras de orixe natural, imaxinería centrada nas actividades da vida cotiá labrega). Partindo do clásico vai introducindo o seu estilo, cun certo primitivismo, enxertando unha serie de símbolos que falan de sincretismo multicultural pero tamén de volta ás raíces, enchendo as pezas de elementos que as achegan ao barroco e deixando esa pegada de obra sempre inacabada

Participou en varias exposicións de artesanía e escultura. No programa Galicia Terra Única, na exposición “A escultura actual de Galicia” en Santiago, 1997.

As súas obras forman parte de coleccións particulares, agás varios cruceiros coma o da Praza de Santiago de Ceuta, o do adro da igrexa da parroquia de Lanzá, o do adro da igrexa de San Xulián do Carballal, o da entrada ao mosteiro de Herbón (réplica do que había nesa localización e foi derrubado nun accidente).

A súa obra foi obxecto de producións audiovisuais, entre as que cabe destacar a participación en emisións dos programas “De Galicia para el Mundo” (TVE Galicia) ou “Metrópolis” (TVE, 2005).

O seu traballo deuse a coñecer tamén por medio de diversos artigos na prensa galega (El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego...).

No ano 2011 participou nas xornadas organizadas pola Universidade MenéndezPelayo sobre o escultor Asorey. No 2014 participou na serie documental “Regalo de Memoria”, promovida pola Fundación Araguaney co obxectivo de por en valor as testemuñas de diferentes galegos cuxas vidas deixan un legado na comunidade.

A visita ao taller é recomendada na guía da autora americana Penélope Casas DiscoveringSpain. An uncommonguide.

A californiana JoFab Hernández, profesora universitaria e directora dos arquivos SPACES (Saving and PreservingArts and Cultural Environments), está redactando unha obra que recolle o traballo de numerosos artistas de España, incluíndo o autor.