Eduardo Sampayo Montenegro


Fecha de Nacimiento: 18 de maio de 1973
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Blog
 Currículum

 

Dende que é consciente sempre sentíu fascinación pola expresión gráfica.

Os seus maiores tesouros de pequeno foron os tebeos e libros ilustrados dende Mortadelo e Tintín ate os clásicos ilustrados das edicións Toray que ían caendo nas súas mans polo nadal e nos seus cumpreanos.

As súas primeiras clases de debuxo artístico foron no Instituto Mixto Xoan Montes, onde tivo a inmensa sorte de ter como profesor a José López Guntín un gran pintor e unha gran persoa que lle aprendeu a debuxar e fomentou a súa afición pola arte figurativa e os retratos.

Con trinta e moitos anos vivíu unha tempada en Salamanca onde por casualidade topou coa academia de pintura de Clara Lurueña Miguel onde aprendeu a perfeccionar a súa técnica de debuxo artísitico e a importancia da luz e a cor na pintura.

No ano 2011 volve a Lugo e tamén por casualidade deu coa academia de Antonio García Durán e aló, case de modo natural, pouco a pouco empezou a traballar sobre conceptos de pintura abstracta e contemporánea.

En 2014 organizou a súa primeira exposición no bar 'A Casa das Cores' e posteriormente foi invitado no 2016 a participar nas exposicións colectivas 'Achegando Disparidades' no Museo Interactivo Histórico Lucense e na Exposición Colectiva de Artistas Galegos celebrada no Mosteiro de Samos.

A súa querida prima, Luisa Paz Montenegro, invitouno á exposición colectiva 'Soños' na sala 'La Ferretería' onde espuxo unha pequena obra 'Soño do Gánxes'.

En febreiro de 2017 ten a súa primeira exposición individual “Alboradas de Metal” na sala 'La Ferretería'.

No futuro espera seguir explorando o campo da abstracción e o expresionismo abstracto, e compartindo co público a súa paixón pola arte.

 

 

FORMACIÓN ACADÉMICA

Licenciatura en Dereito Universidade de Santiago de Compostela ano 1999.

Especialista Universitario na Unión Europea pola Universidad de Santiago de Compostela e o Centro Europeo Atlántico ano 1999.

 

FORMACIÓN ARTÍSTICA

Debuxo artístico na academia Clara Color de Salamanca (anos 2006-2011).

http://www.clarasal.es/

Pintura abstracta na academia Antonio García Durán Lugo (desde 20011).

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS

Exposición de obra en A Casa das Cores lugo (novembro 2013) https://www.facebook.com/A-Casa-Das-Cores-Lounge-Bar-158881050840885/ 

Exposición colectiva Achegando Disparidades no Museo Interactivo Histórico Lucense MIHL (abril 2016).

Exposición colectiva de artistas galegos Samos 0.1 no mosteiro de Samos ( xullo agosto 2016).

Exposición colectiva Soños na Ferretería Eventos (setembro 2016).

Exposición individual Alboradas de Metal na Ferretería Eventos (Marzo 2017).