Tino Baz


Categoría: Músico e cantautor
Data de Nacemento: 1972
Lugar de Nacemento: A Guarda (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Web
 Currículum

Tino Baz amosou dende a súa nenez unha clara disposición para a música e unha certa facilidade auditiva para cultivala, sumadas a unha fervorosa devoción polo canto, posiblemente herdada de seu pai e sempre presente no entorno familiar.

Comeza a toca-la gaita ós oito anos no Grupo “Os Pelouros”, dirixido naquela por Manuel Álvarez, mais tarde, en 1983, incorpórase o grupo “Os Petóns”, sendo director do mesmo Xosé Manuel González Peniza, gaiteiro local e recoñecido con sona de bo mestre.

Coñece e participa das primeiras edicións da Festa da Poesía do Condado, alá polos albores dos anos oitenta, onde sendo neno, albiscaba un espacio cultural diferente, alí precisamente onde xermolaba  unha mensaxe lírica de combate e de reinvidicacón nacional a través da palabra.

No verán do ano 1990, o cantautor recentemente falecido Suso Vaamonde fixo de ponte para que Tino Baz entrara a formar parte do grupo “A Roda”, como gaiteiro, cantor e percusionista, nacendo dende aquela entre ambolosdous unha relación de amizade que se iría enriquecendo co paso dos anos, e que viría a ser decisiva no desenrolo de Tino, como músico e cantor. Proba diso, son as referencias cronolóxicas i estéticas daquel voz ceibe dos anos setenta, das que Tino se nutre como principal fonte da poesía galega cantada. Inflúe nel, ostensiblemente, a pegada de “Fuxan os Ventos” e mais concretamente “A Quenlla”, fundamentalmente a través dos compañeiros e amigos Mini e Mero.

Gaiteiro de profunda convicción e de formación autodidacta, tivo tamén en Juan Álvarez, anónimo pero grande gaiteiro local, un grande conselleiro e informante tanto en cuestións estéticas como na súa propia visión da nosa música popular.

Defensor a ultranza do galego, entende que é necesario e triste a férrea postura na cuestión idiomática.

Deixa o grupo A Roda i escomenza a súa andaina en solitario alá polo ano 1997. Varias gravacións discográficas, viaxes por todo o país, e un feixe de actuacións, avalan a súa traxectoria como membro deste carismático grupo da música galega.

O contido do seu repertorio na súas actuacións é o resultado do tratamento de adaptacións de pezas populares mesturado cá palabra dos poetas. Así atopamos xunto a melodías tradicionais, musicacións de poetas como Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Xavier Seoane, Marica Campo, Bernardino Graña, Xosé Carlos Gomez Alfaro, Manolo Pipas, Francisco Álvarez Koki, ou mesmo a veciños seus que atopan na poesía unha boa canle de expresión. Tamén hai un espacio para musicacións de textos feitos por él mesmo.

Entre a gama de distintos instrumentos que manexa para desenrolar os concertos, utiliza a zanfoña, a gaita, a guitarra e distintos instrumentos de percusión.

Na actualidade combina as actuacións có campo da didáctica, como mestre de gaita e pandeireta en diferentes lugares da bisbarra do Baixo Miño. Asimesmo, no eido do Ensino, imparte charlas e da Concertos didácticos polos colexos con instrumentos populares galegos, facéndolle chegar ós nenos unha mensaxe de carácter divulgativo e pedagoxico, do que é a nosa Música Tradicional. Experiencia docente que ten espallado por todo o país, mais tamén polas terras de Andalucía, en Centros de Ensino da provincia de Cádiz e de Málaga.

Invitado pola asociación A Nosa Galiza de Xinebra, dirixiu en Novembro do 2001 un Obradoiro de Canto e Percusión Galega para o gupo de pandereteiras Algueirada, daquela comunidade galega no país helvético.

Participou có grupo de poesía pontevedrés Colectivo Pindoulo, compartindo actuacións e colaborando nalgunha das pezas do seu repertorio de representación oral. Asimesmo, e seducido pola súa vea escénica, é membro do grupo de teatro Escena Popular, da súa localidade natal, có que ten formado parte do reparto do guión dalgunhas obras e creado algunhas aportacións musicais.

Dirixiu na Guarda, durante un tempo, ó grupo de pandeireteiras “As Batuqueiras do Trega”, integrado por un conxunto de voces femeninas nas que se traballa fundamentalmente a canción popular utilizando o acompañamento da percusión tradicional.

Logo de ter compartido múltiples e variadas experiencias có grupo de gaiteiros Treixadura, formou parte do coro de voces Orfeón Treixadura. Neste caso concreto a raíz da gravación dunha das pezas incluídas no tercer disco 'Unha noite non é nada', de este destacado grupo, referencia rigurosa da nosa música, de brilante e traballada traxectoria e de calidade sólida e contrastada.

Presente na Festa do Avante, organizada polo Partido Comunista Portugués nas terras do Seixal, en Setembro do 2003, compartindo tal evento, co grupo 'Na Virada' de Cangas.

No verán do 2004, compaxinou as actuacións como solista có proxecto musical escénico 'Son de Aquí', espectáculo no que se combinan unha serie de opcións artísticas diferentes, pero que se integran dentro dunha proposta multidisciplinar vencellada a realidade cultural galega desde distintos eidos nos tempos que corren. Así atopamos a Leilía, Gaiteiros Treixadura, Orfeón Treixadura, Títeres Tanxarina e o actor Quico Cadaval, que é quen funde en escena esta iniciativa e a quen corre a cargo a tarefa das presentacións.

Colaborou na gravacion do disco Estremonías do grupo Quempallou, cantando a peza 'Coplas do mercado'. Tamén na mesma altura, gravou no disco do grupo As donicelas 'Que nunca foi abalada', 'O romance das nove ondas'.

En Decembro dese mesmo ano, fixo unha visita a Cuba, tendo a oportunidade de vivir na Habana unha fermosa experiencia coa realidade poético musical deste grande país do Caribe. Así tivo a oportunidade de cantar na Casa da Poesía da Habana, onde tamén estaría presente nunha homenaxe a cantora Teresita Fernández, indiscutible artista, pedagoga e matriarca dos cantores en Cuba. Tamén asistiu a unha homenaxe aos membros da Vella Trova Santiaguera, no Museo da Música da Habana. Neste lugar, coñeceu de perto a distintos membros da Nova Troba Cubana, tales coma Vicente Feliu, Augusto Blanca, Noel Nicola, e tamén o poeta Waldo Leiva, grandísimo poeta e letrista dos cantores antes mencionados.

No outono do 2006, participou no proxecto 'O Quiquiriquiri', para a Asociación de Gaiteiros Galegos, sobre a tradición musical e cultural sobre o Nadal en Galicia. Trátase dun traballo discográfico sobre o con utilidades pedagóxicas na que colaboran music@s e cantor@as Gales@s, de recoñecido prestixio e de contrastada traxectoria.

Ven de realizar recentemente, varios concertos polo País Vasco nunhas actividades programadas pola Cátedra de Estudos Galegos na Universidade de Deusto en Bilbao i en Álava polo Centro de Estudos Galegos, nunhas aulas de espallamento da cultura, lingua e literatura no exterior, da Facultade de Filoloxía de ambolosdous centros universitarios.

No verán do 2007, estivo xunto ao grupo A Quenlla e o cantautor Miro Casabella no circuito cultural dos concertos 'Vai de Camiño', cantando en diferentes lugares do pais.

No pasado mes de novembro, asistiu en Xenebra ao XL Aniversario da sociedade 'A Nosa Galiza', onde intervendrá xunto ao gaiteiro Xabier Blanco de Moaña e a poeta i escritora Carmen Blanco.

Tamén nese mes, estivo presente en Portugal no Forum de Maia, nunha homenaxe ao grande cantor Zeca Afonso, no convivio 'Tributo ao Zeca', organizado pola Asociación Zeca Afonso, e onde Tino actuou como representante da música galega actual. Alí cantou e fixo unha mención especial ao influxo que este histórico referente da música do século XX, fixo na nosa cultura musical.

Neste intre, atòpase inmerso na presentación da publicación discográfica que leva por tìtulo 'Cinsa Namorada', que é o traballo realizado nos estudios Casa de Tolos de Gondomar da man de Segundo Grandío.

 

Colaboracións discográficas:

Treixadura “Unha noite non é nada“ (2003).

Treixadura “Unha semaniña enteira“ (2006).

Donicelas “Que nunca foi Abalada“ (2005).

Quempallou “Estremonías“ (2004).

Suso Vaamonde “É nadal“ (1994).

Quiquiriqui “Cantos para o Nadal” (2006).