Nacho Cendón


Categoría: Coach personal e profesional
Data de Nacemento: En 1969
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Coach personal e profesional afincado en Madrid - Abacelares Coaching Madrid.
Na actualidade reside en Madrid, onde alterna o exercicio independente como coach co seu desempeño profesional desde 1998 nunha multinacional enerxética na Unidade de Desenvolvemento de Persoal Directivo. A súa formación de Licenciado en Psicoloxía, Postgrao en Xestión de RRHH, Máster en Xestión Empresarial… evoluciona e actualízase coa súa implicación en múltiples seminarios, mesas redondas e grupos de lectura… Promotor de proxectos orientados ó desenvolvemento persoal, colabora así mesmo con revistas de actualidade no ámbito da psicoloxía positiva. Actividades, todas elas, que o levan a estar sempre na vangarda de ferramentas de desenvolvemento persoal e profesional.

FORMACIÓN COACH
2007-2008: Instituto de Potencial Humano. ACSTH - ICF, Coaching con PNL.
2006-2007: Instituto de Potencial Humano. Practitioner, Programacion Neurolingüística.
1990-1993: Universidade de Santiago de Compostela. Diploma, Criminoloxía,
1988-1993: Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en Psicoloxía do Traballo.

 Obras realizadas

Especialidade: Coaching executivo e persoal, desenvolvemento directivo, desenvolvemento competencias e actuación profesional, formación de directivos e altos potenciais, xestión do desempeño e a DPO.
Experiencia: www.abacelares.com (Industria de Coidado da Saúde Mental) Xaneiro 2008. O equipo Abacelares é un equipo sólido de expertos, conducido por Nacho Cendón que, desde o rigor profesional, traballa á medida os teus proxectos persoais, os teus plans de futuro e as túas condicións específicas de vida, identificando aqueles aspectos que desexas mellorar na túa vida e rompendo as barreiras que, unha e outra vez, te separan do camiño do éxito.
Desenvolvemento Directivo en Gas Natural: (5001-10,000 empregados; Industria de Combustible e Enerxía). Xaneiro 1998.
Deseño, Avaliación e Xestión do Modelo de Talento, Implantación e administración global da Dirección por Obxectivos (DPO) e xestión do Desempeño, Avaliación do Potencial Directivo, Elaboración de Plans de Carreira, Descrición e Valoración dos postos de Traballo, Plans de Sucesión e Substitución, Avaliación de Competencias e Actuación Profesional, Deseño de accións de mellora individual. Xestión e Avaliación dos Programas de Coaching.
Coordinación de Programa de Desenvolvemento Xerencial (Master Interno).
Xestión de Formación en Habilidades e Competencias.
Integración de ferramentas de Xetión en entornos SAP (back) e Siebel (front).
Delegado en Vedior: (Compañía pública; 501-1000 empregados; Industria de emprego e contratación de persoa). Febreiro 1993 - Outubro 1997. Delegado para a provincia de Pontevedra para servizos de RRHH e Traballo Temporal.

 Outros datos de interese

Páxina web: www.abacelares.com