Eduardo Ramil Rego


Categoría: Profesor e escritor
 Currículum

Licenciado con Grado en Xeografía e Historia, Diploma de Estudios Avanzados en Arqueoloxía e Historia da Antigüidade, e Doutor en Historia (Prehistoria) pola Universidade de Santiago. “Máster en Museología y Museos” pola Universidad de Alcalá de Henares.

Foi profesor de Prehistoria na Universidad de León. Ten estudio profesional dende o que realiza diferentes actividades no eido do Patrimonio Cultural, dirixindo un cento de intervencións arqueolóxicas, avaliación de obras e posta en valor de elementos patrimoniais. Dende 2006 é Director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.

 Obras realizadas

É autor ou coautor de vinte libros sobre prehistoria, arqueoloxía e museoloxía, así como dunha trintena de artigos en revistas especializadas, tamén foi editor científico de varias monografías. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais, presentado neles medio cento de comunicacións, e impartiu diferentes cursos sobre tecnoloxía prehistórica en universidades e centros de investigación. Preside o Consello de Redacción da Revista de Investigación Férvedes e o Consello Executivo do Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba, tamén é o coordinador do Proxecto “Patrimonio das Terras de Montenegro”.

Membro de diferentes institucións relativas á prehistoria e á museoloxía: socio numerario da Société Préhistorique Française e membro do ICMAH (Comité Internacional para Museos e Coleccións e Arqueoloxía e Historia) do Consello Internacional de Museos (ICOM), entre outras. Foi comisario ou responsable da montaxe dunha ducia de exposicións, unhas permanentes e outras temporais, algunhas delas itinerantes.

Forma parte do Grupo de Investigación Q-GEO (“Geología Ambiental, Cuaternario y Geodiversidad”) da Universidad de León. A súa liña principal de investigación é a tipoloxía e tecnoloxía do Paleomesolítico, cunha segunda liña centrada na cultura material dos castros do Noroeste Peninsular.